martes, 24 de noviembre de 2009

Residuos urbanos I

O desarrollo económico, a industrialización e a implantación de modelos económicos que basan o crecemento no aumento sostido do consumo, supuxeron unha variación moi significativa na composición dos residuos e das cantidades na que son producidos. Incorporáronse materiais novos como os plásticos, de orixe sintético, aumentaron a sua proporción outros como os metais, os derivados da celulosa ou o vidro, que antes se reutilizaban abundantemente e que agora se eliminan con gran riqueza.
A esto hai que engadir a aparición na basura doutros de gran potencial contaminante, como pilas, aceites minerais, lámpadas fluorescentes, menciñas caducadas, etc. Surxiu así unha nova problemática medioambiental derivada do seu vertido incontrolado que é causa de graves afecións ambientais :
1. Contaminación de solos.
2. Contaminación de acuíferos por lixiviados.
3. Contaminación das aguas superficiais.
4. Emisión de gases de efecto invernadeiro fruto da combustión incontrolada dos materiais alí vertidos.
5. Ocupación incontrolada do territorio xerando a destrución da paisaxe e dos espazos naturais.
6. Creación de focos infeciosos. Proliferación de plagas de roedores e insectos.
7. Produción de malos cheiros.

1 comentario: